Sunday 05 de May de 2024

A Biblioteca acollerá este mércores a presentación do poemario “Terra e mar”, do naronés Manuel Cendán


A Biblioteca municipal acollerá este mércores, día 15, ás 19.00 horas, o acto de presentación do libro “Terra e mar”, do naronés Manuel Cendán. A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, presentará o acto, no que o autor falará sobre a publicación coas persoas que desexen acudir, estando aberto ao público en xeral ata completar o aforo da sala.

“Terra e mar”, publicado pola editorial Balea, é o segundo libro de poesía de Manuel Cendán, con varios poemas de contido social e que tamén trata os temas do amor e o desamor. O autor colabora ademais en medios de prensa escrita como articulista e está vencellado aos movementos sociais.